É unha Asociación para o desenvolvemento económico, cultural e social, da comarca do Ribeiro do Avia, a chamada Castela Auriense na Idade Media, de onde toma o seu nome. Nace en Berán, o 25 de Xullo de 2008, co convencemento de que a cultura, no seu sentido máis amplo, é o mellor recurso económico que temos. Tamén nace co convencemento de que ó valorizar a cultura na nosa comarca, ó promover o estudo da nosa historia e o respecto polos nosos restos arqueolóxicos, ó velar polo coidado das manifestacións da nosa arquitectura tradicional e ó protexer os nosos recursos ambientais e paisaxísticos, estamos colaborando decididamente no desenvolvemento económico da nosa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario