domingo, 31 de mayo de 2009

viernes, 10 de abril de 2009

Como primeiros OBXECTIVOS propuxémonos :

1.º traballar polo Estudo, Declaración e Promoción do Camiño Xacobeo do Ribeiro

O pasado día 9 de agosto fixemos unha presentación en Berán, na que se invitaron a tódolos concellos polos que consideramos que transcurría o citado camiño xacobeo, asociacións culturáis e sociáis da comarca e historiadores de recoñecida solvencia. Dispois de diversas xestións, xa se ten conseguido que fora aprobado por unanimidade de tódolos grupos políticos nos plenos dos concellos de Padrenda,Pontedeva,Cortegada, Castrelo doMiño,
Crecente,Ribadavia, Boborás, Avión, Beariz, Forcarei, Cerdedo e A Estrada unha declaración institucional de apoio e de compromiso para traballar na declaración desta Ruta Xacobea.
O pasado día 24 de Marzo constituíse en Ribadavia a asociación ENCOMENDA DO CAMIÑO XACOBEO DO RIBEIRO . Na mesma integraranse concellos, asociacións, empresas e personas interesadas desde a que investigar e documentar o percorrido por cada parroquia e que serva de interlocutor diante da Xunta de Galicia.


2.º traballar pola recuperación dunhaNecrópolis medieval na parroquia de Orega


























3º outros obxetivos previstos son:
.-A recuperación de determinadas construccións de arquitectura popular e de algún elemento escultural.
.-A promoción e recuperación do río Barbaña, tanto no aspecto paisaxístico como etnográfico.
.-A promoción do estudo das distintas fortalezas que existían na Castela Auriense, e a súa catalogación pola Consellería de Cultura.





Os fins desta asociación son:

Organizar:.- encontros, xornadas, foros de estudo históricos e sociáis..- actividades culturáis.- talleres artesanáis.
Protexer:.- a nosa história, arqueoloxía, e demáis manifestacións de tipo cultural..- o medio natural
Potenciar:.- o desenvolvemento económico das poboacións e favorecer a participación social.